Wednesday 15 de May de 2024

5 taekwondistas do Club Boudsport participarán esta fin de semana no Campionato de España Cadete-Sub 21


Ainhoa Ramos e Sara Gacio asisten convocadas pola Federación Galega. A proba será clasificatoria para o Campionato Europeo

Esta vindeira fin de semana disputarase en Valencia o Campionato de España Cadete-Sub 21, clasificatorio para o Campionato de Europa. Unha proba na que, unha vez máis, Ordes estará representado polo Club Boudsport. Convocadas pola Federación Galega de Taekwondo e na categoría Sub 21 participarán Ainhoa Ramos e Sara Gacio, mentres que na de cadetes acudirán á cita Claudia Diéguez, Carla Diéguez e Manuel Castro.